viernes, 29 de junio de 2012

Cartos para a RDCongo


Coa venda da revista deste curso e cos cartos recadados coa reciclaxe de tóner e tinta de impresoras, conseguimos arredor duns 400 euros que enviaremos en febreiro -despois de facer o "feiracho" de Nadal- a Modestine.
GRAZAS a todos-as por colaborar e, sobre todo, grazas ao alumnado do noso cole porque sen el non podería ser posible todo o conseguido para os nenos ex soldado.
BO VERÁN A TODOS-AS!

miércoles, 22 de febrero de 2012

Amig@s! Modestine mandounos un correo comunicándonos que xa pagaron os gastos escolares dos nenos ex-soldados aos que nós mandamos os cartiños.
Mirade o correo que mandou Modestine:

Chere Begona,bonjour, juste vous informer que nous avons deja fini a payer les frais scolaires pour les enfants et les examens ont deja pris fin, il nous reste seulement a vous envoyer les reçus.
Nous sommes aussi en train de voir comment organiser les jeux pour les enfants a l'occasion de la journee commemorant la convention relative aux droits de l'enfant, de la journee de l'enfant africain...., toute fois nous vous aurons a vous mettre au courant de l'evolution de toute nos activites.
Pour le reste RAS.MERCI ET AU PLAISIR.Nous vous aimons bien.
MODESTINE

jueves, 9 de febrero de 2012

Hola compañeir@s!!! Como sabedes, o diñeiro recadado nos rastrillos enviamosllo ós nenos exsoldado do RDCongo. Este ano, os alumnos de 4º (Irene, Adrián, Miguel e Fer) fomos levar os cartos a correos con Begoña. Tamén fixemos o envío dun agasallo moi especial, unhas grullas feitas por todo o cole, que voaron cara a Hiroshima co noso desexo de que rematen as guerras.

En total recadáronse 481'65 dólares!!! Seguro que os nenos deben estar ben contentos...

sábado, 21 de enero de 2012

FOTOS E POSTAIS

Os nenos ex soldado de Modestine envíannos postais ben chulas felicitando o novo ano 2012.

E Modestine envíanos tamén fotitos (hai máis en https://picasaweb.google.com/home?showall=true). Agora hai que lles poñer nome a cada un, que tamén nolos manda.

No correo-e cóntanos que están a pasar por unha situación "apurada", así que teremos que poñernos máis as pilas e botarlles unha man. Ide discurrindo, pensando, argallando...