miércoles, 22 de diciembre de 2010

RASTRILLO

Hoxe fixemos o rastrillo de Nadal no cole. Recadamos 220 euros, así que grazas a todos-as: profes, profas, pais, nais, parentes dos nenos-as... por comprar.
Vémonos o domingo, 2 de xaneiro, na vila.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Lista dos nenos ex soldado

Estes son os nomes dos nenos ex soldado que Modestine coida este curso 2010-2011. Ide lendo e escollendo un nome para enviarlle a postal o día da PAZ.

LISTA DE NENOS EX SOLDADO CURSO 2010-2011

AMANI EZECHIEL.
BAHATI JULIENNE.
BANAMWESHI TRSOR.
BELINDA JOYCE.
CIYOKA NORBERT.
CINYBIGUMA MUBALAMA.
CUWA PASCALINE.
FURAHA JUDITH.
KABISUBA ELISABETH.
KARIBAHAZA OSCAR.
CHERUBALA KEVIN.
MASUDI VICTOR.
MBALE CALVI.
MUGISHO ARMEL.
MUKULIMA MAGUY.
MUNDEKE PASCAL.
NEEMA ORTENCE.
ZAINA VINCIANE.
ZAWADI CLARIS.
NABINTU JUSTINE.
BIENVENU RAJABU.
ROLAND.KATEMBO.
MUBALAMA FRANCINE.
BASEDEKE ESPOIR.
KASEREKA ULDEFONSE.
KAZADI MARIE.
KAJABIKA BIMULE.
TRESOR KATI.
GUELOR MULUME.
MARIE JEANNNE MARHEGANE.
THERESE MAREGANE.
JOSAPHAT BISIMWA.
SOLANGE MWAMBUSA.
KAMBALE JEAN.
JUDITH BASIMAGE.
JUNIOR BALAGIZI.
MARIMU SHANGALUMA.
MARINA NGOBOYEKA.
MARIE CLAIRE KANOLO.
CLAUDE MUDAWA.
FRANCOIS EKANGA.
DIVINE AONDJU.
PRINCE BALAGIZI.
BYAMUNGU JEAN DE DIEU.
CUBAKA BENOIT.
INNOCENT KAHOMA.
TUMAINI BANYWESIZE.
TAMWE ALEXI.
ALAIN BAHINDWA.
NSIMIRE TULINABO.
YVONE NJOLI.
SABINE KAJURU.
ALBERT MWAMBA.
NGALULA CHABA.
TUTU TRESOR.F
AIDA IRAGI.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Recadación de 32,80 euros


Xa sabedes que participamos nun concurso de reciclaxe de consumibles informáticos (http://www.recoatlantico.es/) e que os cartos conseguidos ao longo de todo o curso serán enviados aos nenos ex soldado de Modestine (RDCongo).

De momento, temos 32,80 euros, conseguidos grazas á axuda de todos e todas no cole: alumnado de todos os cursos, profes, amigos e amigas de fóra do cole, pais, nais, familias...


GRAZAS por colaborar e enviar os vosos cartuchos de tinta informática e tóners para reciclar.


Seguimos co concurso, todo o curso: Polo de agora temos 32,8 puntos!!! Pero temos esperanzas de conseguir moitos máis coa vosa axuda de novo.

Rastrillo no cole e rastrillo na vila


O rastrillo no cole será o día do festival de Nadal, mércores 22. Arredor das 10 h. da mañá montaremos o "posto". Acudide, estaremos esperándovos, xa sabedes que hai cousas moi "chulas" e a bo prezo!!! :-)


O rastrillo na vila será o domingo, 2 de xaneiro. O posto estará, como sempre, na rúa onde se celebran os feiróns. Tamén vos esperamos a todos-as para que compredes os nosos agasallos navideños.


Un desexo: BOAS VACACIÓNS!!!

domingo, 12 de diciembre de 2010

Chega o Nadal


E por estas datas, facemos o noso rastrillo no cole para poder enviar aos nenos ex soldado o recadado. Recordade: montaremos o posto no vestíbulo do cole o día da función de Nadal. Esperamos que todos e todas -pais, nais, avós, avoas, alumnado e profesorado do noso cole- compredes moitas cousas.
Vai un listado dos artículos que teremos:

-libretas grandes e pequenas

-calendarios escolares

-caixas "baleirapetos" recicladas

-cadros sobre madeira

-marcapáxinas "clásicos"

-bolsas sorpresa

-tarxetas de Nadal

-...

ANIMÁDEVOS, TRAEDE CARTIÑOS (todo é moi barato).

ESTARÉMOSVOS ESPERANDO!

lunes, 15 de noviembre de 2010

Estamos a traballar!


Marabilla da Antigüidade: Xardíns colgantes de Babilonia (debuxo de Uxía García)

Si, xa estamos a facer cousiñas para os rastrillos. De momento algúns e algunhas de 4º A están a facer caixas "baleirapetos", con cartón reciclado. Tamén imos comezar coas libretas, esta vez con portadas das marabillas da Antigüidade que debuxaron os alumnos e alumnas de CuCa. Hai outro grupo que traballa con fieltro para facer broches chulos. Esperamos que vos gusten e que COMPREDES MOITO EN NADAL!
Haxa salú!

miércoles, 22 de septiembre de 2010

NOVO CURSO, NOVAS "FICHAXES"


Aínda que algúns de nós somos os mesmos, este curso houbo novas incorporacións. Velaquí os que somos e estamos, comprometidos-as para traballar cos nosos nenos ex soldado (cando Modestine envíe os nomes, escribirémolos tamén neste blog):
Brais López
Katy Sagarduy
Sara Vázquez
Irene Taracido
Miguel Forcelledo
Elsa Allegue
Sofía Amado
Tamara Bello
Alba González
Beatriz Anido
Verónica Fachal
Laura Lorenzo
Fernando López
Mª José Núñez
Antía Paz
Uxía García
Diego López
Manuel Amado
Patricia Freire
Silvia Blanco
Nerea López

En próximas reunións irémosvos contando máis cousas. Ata pronto!

miércoles, 7 de julio de 2010

Envío de fin de curso


Coma todos os anos, tamén este fixemos o envío dos cartos para Modestine. Aí vai o que vos conta Marina (meu deus, canto a vou botar de menos!!!):

"Hoxe Begoña e Antón foron a correos e entregaron os ultimos cartiños deste curso, despois dun rastrillo, a venda da revista e a colaboración de As Pontes por suposto, conseguimos enviarlle a Modestine UN TOTAL DE 638,49 DÓLARES (algo menos en euros, xa sabedes, podería ser máis pero xa vedes, a crise está en todas partes...
Isto foi todo o que conseguimos neste ano de traballo, xunto co que mandamos despois do Nadal!
Aínda que podería ser moito mais por ser para unha boísima causa da que estamos tan orgullos-as, GRAZAS a todos !aínda que só mercarades unha revistiña, 1,50(ben barata!!!). Iso que para nós é pouquiño, para eles significa moito!
Eu, pido desde aquí:
-primeiro, que sigades contando comigo para facer rastrillos ou o que faga falta que ainda que estea lonxe, encantaríame colaborar (xa levo tres anos facéndoo), e
-segundo, pedirvos por favor a todos os que pasades a 4º e a 3º que colaboredes, que traballedes, e que o fagades sen esquecer o que con ese traballo conseguimos: Con ilusión e con esforzo pódense facer moitas cousas.
Nós temos unha gran oportunidade para axudar a eses pequenos, non a desaproveitedes, ir a correos e ver tantos cartiños xuntos, recibir cartas de Modestine agradecéndonos o que facemos, os sorrisos dos nenos ao recibir as postais... TODO iso todo non ten prezo!!!
Dende aquí toda a miña sorte e pedirvos colaboración para que isto siga funcionando así, ou mellor!
Un bico! E grazas a todos (en especial a Begoña por darme a oportunidade de colaborar en todo isto e porque por moito que as cousas se compliquen -e ás veces complícanse, dígovolo eu...-, non se rende!)GRAZAS!"

domingo, 20 de junio de 2010

Máis cartiños


Xa temos algúns cartiños máis para enviar aos nenos ex soldado. Hoxe fixemos o rastrillo de fin de curso e recadamos 140 euros. Non é moito, pero... algo é algo. Esperemos ter máis sorte para o próximo. A todos-as GRAZAS!

martes, 15 de junio de 2010

NOVO RASTRILLO


O sábado, 20 de xuño, a partir das 11 h., faremos un rastrillo na vila. Como os dous anos anteriores, o concello (grazas Begoña e grazas Cris pola axuda que nos dades) préstanos unha das súas "casetas" para poder levalo a cabo. Venderemos cousas feitas polos alumnos-as do CPI Castro Baxoi e do IES Castro da uz de As Pontes e tamén agasallos donados por amigos-as. Esperamos que acudades con cartiños para poder enviar máis diñeiro aos "nosos" nenos ex-soldado. Faremos o envío xuntamente cos cartos recadados pola venda da nosa revista "Dtodo".
Animádevos e vinde mercar!!!

lunes, 3 de mayo de 2010

Os nosos nenos ex soldado reciben con cariño as nosas postais


Modestine acaba de enviar estas fotos dos seus -e tamén nosos- nenos ex soldado. Conta no email que na foto hai moitos nenos, moitos máis dos que están na lista que nós temos no cole e da que sacamos os nomes para enviarlles as postais que con tanto cariño fixeron os nenos de 6ºA de Primaria e os de 3º e 4º da ESO, así como os rapaces de As Pontes. E di que hai moitos máis nenos porque todos querían saír na foto e todos querían ten nas súas mans as vosas postais. Ademais o número de nenos e nenas recollidos na súa escola aumentou moito este curso. Xa son 100 nenos e nenas ex soldado e orfos da sida os que teñen ao seu cargo, así que non podemos fallarlles, hai que traballar para conseguir máis cartiños cada vez. A nosa axuda é moi importante, recordádeo!!!
Fixádevos como esperan que o seu profe (na primeira foto) lles dea as vosas postais, como as miran e como as gardan nas súas mans!
Dentro de algúns días intentará mandarnos máis fotos, pero para iso ten que viaxar a Ruanda porque na RDCongo teñen moi malas conexións e moitos cortes de luz. Así que... teremos que seguir esperando para ver máis fotos e máis correos de Modestine.

martes, 27 de abril de 2010

CHEGARON AS NOSAS POSTAIS


Os nenos de Modestine recibiron hai uns días as nosas postais. Este é o correo-e que nos enviou. Veña, a traducir e a esperar a que nos envíe as fotos prometidas:

Chere Begona, bonjour
juste pour te souhaiter une bonne fête de Pâques et t'informer aussi que je viens de recevoir les cartes postales aujourd'hui, nous vous remercions beaucoup pour tout, mais il se fait que les enfants ont commencés les vacances de pâques le samedi cause pour la quelle nous allons vous envoyer cette fois ci les photos des élèves avec les cartes quand ils vont revenir des vacances, merci et au plaisir.je vous aime bien .merci

jueves, 1 de abril de 2010

Un novo periódico dixital


Un xornal que paga a pena: www.periodismohumano.com. Nel atoparedes, entre outras moitas noticias, unha crónica sobre as "INVISIBLES NENAS SOLDADO NA RDCONGO". Lede para coñecer algo máis da súa triste situación.

lunes, 1 de marzo de 2010

Os libros de Modestine

Escribiunos un mail para participar no noso concurso "E nós que lemos?" . Nel cóntanos o que máis lle gusta ler:
"J'aime lire tout ce qui a trait aux droits des enfants ainsi qu' aux droits de la femme pour que ces droist deviennent une realité".



miércoles, 17 de febrero de 2010

GRAZAS DE MODESTINE

Modestine escribiunos un mail contándonos que xa recolleu os cartiños e dándonos as grazas. Vai:

"Chère Begona, bonjour, j' accuse reception de l' argent que vous avez envoyé et nous vous remercions beaucoup, je vais passer à la poste la semaine prochaine pour voir si les cartes sont déjà arrivées et faire tout ce que vous avez demandé, merci et au plaisir;je vous aime bien. Modestine Lweso Bahati."

viernes, 5 de febrero de 2010

Estivemos en Correos!

Preme no bus e poderás ver o videoclip de Ska-P coa canción dedicada aos nenos soldado.

Un ano máis as colaboradoras a favor dos nenos ex-soldado da R.D.C ( neste caso Andrea, Marina e Sara ) xunto coa nosa mestra, Begoña, fumos a Correos a entregar os cartiños que pronto lle chagarán a Modestine. Nestas épocas fanlles moita falta os cartos por iso aínda que teñamos que facer dous envíos, cremos oportuno facelo nestas datas. Sacando os gastos de envío, mandámoslle a Modestine ¡¡ 844,30 $ !! Esperamos que o ano que ven os nosos sucesores fagades tan bo traballo como nós, e que segades tendo a axuda do colexio de As Pontes, grazas.
un bico
Mariña,Andrea e Sara.

sábado, 30 de enero de 2010

Cartos e postais para a RDCongo


Postais escritas polo alumnado de 3º e 4º ESO e debuxadas polos pequechos de Infantil 5 anos.

O venres faremos o envío dos cartos recadados entre o noso cole e o IES Castro da uz (As Pontes): un total de 679 euros, conseguidos nos rastrillos do cole e tamén no da vila. Grazas a todos! Os nenos ex soldado e os orfos da SIDA poñeranse moi contentos. Tamén enviaremos as postais que fixemos para o día da Paz. Este ano enviaremos moitas xa que, ademais das de sempre -as nosas e as dos nenos e nenas do Castro da uz- tamén se sumaron os nenos e nenas de 6ºA de Primaria do noso cole.

jueves, 14 de enero de 2010

Día do rastrillo!

Un ano máis,reunímonos no feirón do pobo co noso posto(da feira das cebolas,moi cutre jaja)para vender ás nosas artesanías(atrapasoños,revistas de cole,pedras,mandalas..etc etc) e outras cousas varias(pendentes,colares,bolsas sorpresa...)A xente non estaba moi pola labor que digamos..ata tivemos que esperar alí sentadiños a que saíra a xente da misa, e nin así macho!...en fin...jaja!A intención é o que conta,non é así?En total,a trancas e a barrancas, dimos conseguido 400 euriños..non está mal..!:D


Esperamos que no próximo rastrillo a xente esteña máis animada..!Xa non é por nós,senón polos nenos ex-soldado!

Grazas!


Sara e Andrea!

domingo, 3 de enero de 2010

RASTRILLO NO POBO


SODES UNS CAMPIÓNS!!!
A recadación de hoxe no rastrillo do pobo foi de 250 eurazos!!! Estou moi orgullosa do voso comportamento e do ben que traballastes, así que aproveito este blog para darvos as grazas. Sei que Modestine e os nenos ex soldado se poñerán moi contentos. Sabedes o que supoñen para eles estes cartiños que lles enviamos? Fixádevos: con 15 dólares compran roupa e calzado para cada un dos nenos ex soldado durante un curso escolar; que os pais (os que os teñen) contribúen con 5 dólares por neno durante 10 meses; que con 21 dólares manteñen un neno durante un trimestre (mirade un dos recibos que enviou).
Un euro= 0.68 dólares aproximadamente, xa volo poño porque sei que preguntaredes :-)

En xaneiro faremos outro rastrillo no cole para celebrar o día da Paz e xuntaremos todo o recadado para facerlle o primeiro envío a Modestine.
Grazas, grazas e grazas! Sen vós non se podería facer nada disto!

viernes, 1 de enero de 2010

Correo-e de Modestine


Este debuxo envíanolo un neno ex-soldado e isto é o que nos di Modestine, veña a traducir e animádevos para conseguir moitos cartos o día 3 no feirón do pobo:

Chère Begona;bonjour; juste pour vous presenter nos voeux les meilleurs à vous ainsi qu' à vos élèves pour cette oeuvre combien caritative et humanitaire que vous faites pour ces enfants vulnérables; il faut le dire a tout le monde que votre contribution est d' une valeur inestimable aux yeux de ces enfants et nous vous remercions beaucoup. Je vous embrasse. MERCI. Modestine Lweso Bahati